Na aula de 5 anos traballouse o consumo de froitas dun xeito globalizador , centrándonos básicamente
nas 3 areas que reflicte o currículo de infantil.
Así, na área de Coñecemento de sí mesmo e Autonomía persoal, falamos sobre a importancia do coidado
da saúde , aprendemos que antes de consumir as froitas é necesario laválas , as observamos por dentro e
por fora e vimos como son, percibimos os seus olores e as súas diferentes texturas.
Na área do Coñecemento do Contorno, aprendimos que a través do consumo de froitas tamén podemos aprender Contidos Matemáticos , así, fixemos actividades de conteo, a través do reparto regular, neste caso de uvas
Por outra banda, Experimentamos: plantamos os ósos dos albaricoques que merendamos para comprobar si crece , como serán as súas follas, cánto tempo tardará en medrar……?
Na área de Linguaxes: Comunicación e Representación, traballamos:
- actividades de lectoescritura: en gran grupo fixemos unha lista das froitas que probamos
Un día a froita escollida para esa semana se presentara con sorpresa, intentaremos averiguar cal é polo tacto e con pistas sobre a súa cor. Unha vez adiviñada falamos sobre as súas propiedades e a debuxamos
- Linguaxe plástica a través de dúas obras de arte: a primeira é a pintura da pintora Brasileña Tarsila do Amaral: Vendedor de frutas