martes, 11 de diciembre de 2018

miércoles, 27 de junio de 2018

Como me gusta a froita

Na aula específica, a mestra xunto con un alumno traballaron diferentes froitas. Primeiro traballaron as froitas por separado. Despois pintaron as froitas para facer un puzzle.




Unha vez pintadas as froitas, plastificaron a lámina, para poder facer o puzzle


  O noso alumno foi facendo o puzle das froitas, e resolveuno favorablemente. Unha actividade lúdica coa que o alumno aprendeu a distinguir as froitas máis básicas.

The very hungry caterpillar




 Na clase de inglés, os rapaces de 6º de Educación Primaria fixeron o seu propio conto " The very hungry Cartepillar" . Nas fotos podemos ver todo o proceso ata chegar ao conto final.





lunes, 25 de junio de 2018

Aos alumnos de 4º traballan coa froita






A Froita en 6º de EI

Na aula de 5 anos  traballouse o consumo de froitas dun xeito  globalizador , centrándonos  básicamente
nas 3 areas que reflicte o currículo de infantil.
Así, na área de Coñecemento de sí mesmo e Autonomía persoal, falamos sobre a importancia do coidado
da saúde , aprendemos que antes de consumir as froitas é necesario laválas , as observamos por dentro e
por fora e vimos como son, percibimos os seus olores e as súas diferentes texturas.


 Na área do Coñecemento do Contorno, aprendimos que a través do consumo de froitas tamén podemos aprender Contidos Matemáticos , así, fixemos actividades de conteo, a través do reparto regular, neste caso de uvas

 
 Por outra banda,  Experimentamos: plantamos  os ósos dos albaricoques que merendamos para comprobar si crece , como serán as súas follas, cánto tempo tardará en medrar……? 

  Na área de Linguaxes: Comunicación e Representación, traballamos: 
  •  actividades de lectoescritura: en gran grupo fixemos unha lista das froitas que probamos 
Un día a froita escollida para esa semana se presentara con sorpresa, intentaremos averiguar cal é polo tacto e con pistas sobre a súa cor. Unha vez adiviñada falamos sobre as súas propiedades e a debuxamos 


  •  Linguaxe plástica a través de dúas obras de arte: a primeira  é a pintura da pintora Brasileña Tarsila do  Amaral: Vendedor de frutas








Froita e traxes rexionales

Aproveitando un dos días que tivemos froita na escola os rapaces e rapazas de 3º de Educación Primaria repartiron froita entre eles, dicir que estaban vestidos cos traxes típicos holandeses porque ese día celebramos Os Maios coa temática que usamos todo o curso escolar 2018 - 19


  Tamén elaboraron un pequeno mural sobre as distintas froitas.






martes, 19 de junio de 2018

Traballamos coa froita

Os nenos de 2º de Educación Primaria fixeron diferentes actividades coa froita.

Aprenderon o nome correcto en galego de diferentes froitas



 Fixeron un achegamento ao pintor italiano Arcimboldo por traballar con froitos e froitas nos seus cadros.

Elaboraron pequenos poemas coa froita como protagonista 



E aproveitando todo o que traballaron , fixeron unha posta en común a partires do tema das vantaxes e beneficios da froita. 


 




Que saborosos os amorodos

Estes pequenos de 5º de Educación Infantil, aprenderon coa sua mestra moitas características beneficiosas dos amorodos, e o día que co programa "Froita na Escola " chegaron... eles coméronos con moita ledicia. Mirade!!!!!


sábado, 16 de junio de 2018

Aprendendo cousillas sobre as froitas

Os nenos de 5º de Primaria buscaron información sobre diferentes froitas, amorodos, cereixas, plátanos...
Traballaron por grupos para a busca da información das distintas froitas. Para despois plasmar toda esa información nos seus traballos.


Aquí podedes ver unha mostra do que fixeron